De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de protección de datos, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (en adiante, RXPD), así como a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, LOPDGDD), infórmase á persoa usuaria de acordo cos artigos 13 do RXPD e 11 da LOPDGDD:
Responsable do tratamento
O Adro
CIF: B21799416
Email: info@oadro.gal
Enderezo postal: Calle Real 26, 36940 Cangas do Morrazo, Pontevedra
Finalidades do tratamento
Contactos comerciais
Persoas usuarias da web: consultas realizadas a través do formulario de contacto, nas que se solicitan datos identificativos da persoa interesada co fin de resolver a súa petición ou consulta.
Os datos que solicitamos son axeitados, pertinentes e estritamente necesarios e, en ningún caso, está obrigado/a a facilitárnolos; porén, a súa non comunicación poderá afectar á finalidade do servizo ou á imposibilidade de prestalo.
No caso de que a persoa usuaria facilite datos de contacto persoais de terceiras persoas, comprométese a comunicarlles ás titulares deses datos a presente cláusula, informándoas, con carácter previo á dita comunicación a O Adro, de todos os aspectos recollidos nela, en especial da identidade e datos de contacto da persoa titular, das finalidades do tratamento e da posibilidade de exercicio de dereitos. No caso de non realizar esta comunicación, a persoa usuaria comprométese a manter indemne a O Adro fronte a calquera dano, prexuízo, gasto ou sanción de calquera orde xurisdicional que poida derivarse da falta de comunicación desta cláusula ás persoas titulares dos datos facilitados pola persoa usuaria.
En O Adro adoptáronse todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Prazo de conservación
Os datos proporcionados polas persoas usuarias da web conservaranse durante o tempo estritamente necesario esixido pola normativa legal aplicable, momento no que se procederá á súa supresión:
- Persoas usuarias da web: indefinidamente, agás solicitude expresa de supresión.
En todo caso, conservaranse durante o prazo mínimo necesario esixido pola lexislación vixente aplicable.
Base legal do tratamento
O seu consentimento expreso permite a O Adro o tratamento dos seus datos para as distintas finalidades descritas no epígrafe anterior.
Os datos só poderán ser utilizados para os fins expostos, de acordo cos principios de transparencia e limitación da finalidade.
Destinatarias dos datos
Unicamente comunicaremos os seus datos a terceiras persoas nos casos nos que exista unha obriga legal en materia fiscal, financeira, de prevención da fraude ou do branqueo de capitais, seguridade social ou outras impostas por organismos de supervisión ou autoridades de control.
Así mesmo, comunicaremos os seus datos persoais indispensables a aquelas entidades que presten un servizo á empresa en calidade de encargadas do tratamento no caso de que se estableza unha relación comercial coa empresa ou pase a formar parte do seu cadro de persoal por ter sido seleccionada para un posto de traballo na empresa.
Dereitos que lle asisten
- Dereito de acceso: poderá preguntar a O Adro se está a tratar os seus datos e que datos trata.
- Dereito de rectificación: poderá solicitar a corrección dos seus datos persoais se considera que son incorrectos.
- Dereito de supresión: poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais cando proceda.
- Dereito á limitación do tratamento: en determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso, unicamente serán conservados para a xestión da relación contractual existente.
- Dereito de oposición: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos, agás que por motivos lexítimos ou por obriga legal expresa sexa necesario continuar con el.
- Dereito á portabilidade dos datos: terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban e que foran tratados por O Adro nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outra persoa responsable do tratamento.
A persoa interesada poderá exercer estes dereitos mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo info@oadro.gal, achegando copia do DNI ou dun documento similar que a identifique.
Se a persoa interesada non está conforme co modo no que O Adro está a tratar os seus datos, poderá dirixirse á persoa responsable do tratamento no enderezo postal arriba indicado ou á autoridade de control competente en materia de protección de datos, que en España é a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).