Venres 29 de Maio · 22:00 h
Ant. 10€ / Taq. 12€
TanDuB é un proxecto que fusiona a música tradicional gnawa do norte de Marrocos con xéneros como o reggae, o drum&bass e a electrónica. Mesturan instrumentos dunha banda clásica con electrónica e elementos tradicionais marroquinos como o hajhouj ou as carcabas, acadando un son moi potente e cheo de personalidade.
Os seus compoñentes veñen de escenas moi diversas —folk, rock, blues ou electrónica— e formaron parte de grupos como Lamatumbá, Dar Gnawa, Coanhadeira, Kondiós ou Tabú, acumulando unha ampla experiencia enriba dos escenarios. Ademais, foron recoñecidos con premios como o Millo Verde 2019, Estudos Mans 2021 ou o Concurso de Bandas de Cuac FM 2022.
Chegan ao Adro presentando o seu primeiro álbum, “SAHA”, despois de pasar por festivais e salas de todo tipo.
Temos moitísimas gañas de velos en directo na sala.
