RAS DREAMER Banda Cartaz O Adro

RAS DREAMER & THE LUXURY BAND

Sábado 1 de agosto · 22:00 h

Döyas A.K.A. Ras Dreamer, selector morracense e guerreiro da cultura sound system, leva anos facendo circular sons reggae e dub por pistas e festivais. Desta volta cambia as regras do xogo e chega ao Adro cunha banda creada para a ocasión.

Ao seu carón, Paulo Delgado ao saxo e Iagomol Coya ao baixo, músico de Nekrora. Electrónica, graves, saxo e baixo para levar o universo de Ras Dreamer ao directo.

Un experimento? Pode ser. Unha banda que non existía ata agora? Tamén. Precisamente por iso queremos velo.

🎟️ Billeteira inversa

Lembra traer efectivo para colaborar co artista!