Sábado 18 de xullo · 20:00 h
A conta atrás para o Areas e Son comeza no Adro.
Este sábado recibimos no Adro a presentación da nova edición do festival cun coloquio e unha sesión a cargo de Masaka, Nico, Gavu, Enzo Ghisu e Lai Lore, algúns dos nomes máis destacados da electrónica na comarca.
Será unha boa ocasión para escoitar música, conversar sobre a escena electrónica e coñecer os primeiros detalles do festival, que se celebrará o 14 de agosto na Capela de San Amaro (Aldán).
🎟️ Billeteira inversa
Lembra traer efectivo para colaborar cos artistas!
