CARTAZ concerto NOAR sábado 23 de maio Canjazz O Adro Cangas 22h

NOAR

Sábado 23 de maio · 22:00 h

Socixs Canjazz 8€ / Xeral. 12€

Noar 4 é a nova proposta musical de Iago Marta e Rubén Fernández, dous experimentados músicos da escena galega. Procura, creatividade, sutileza e intensidade dun dúo que muda en cuarteto coa incorporación de Yudit Almeida (contrabaixo e voz) e Zalo Rodríguez (electrónica e teclados), pra ofrecer un formato máis amplo das músicas de Noar.

Coa mesma esencia que caracterizaba o seu derradeiro disco, Ao vivo, o seu novo traballo amplía horizontes sonoros á canción de autor e o pop, coas pinceladas de jazz e experimentación que están sempre presentes nos universos musicais deste proxecto.

Noar voltan aos escenarios cargados de novos timbres e novas pezas.

Reserva xa a túa entrada dende jazzcangas.org