Venres 03 de xullo · 22:00 h
Ant. 10€ / Taq. 14€
Hai músicas que se escoitan, e outras que se habitan. Lula Mora pertence a estas últimas. O dúo formado por Sara Caride e Silvia Izquierdo constrúe cancións que son pontes entre dous territorios —Galiza e Canarias—, entre o íntimo e o colectivo, entre a ferida e a esperanza.
O seu primeiro traballo, HOGAR, é unha viaxe a través das palabras e do silencio, un camiño que fala de migración, pertenza e identidade, pero tamén de amor, raíces e resistencia.
As súas voces entrelázanse sobre unha paisaxe sonora que mestura o orgánico e o electrónico, o folk e o indie, a poesía e a carne.
Un directo brutal que poderemos desfrutar despois de Saúde, pracer, república e terra malva (Para a posta en valor do legado de Lola Ferreiro) e da presentación de La fosa abierta de Brigitte Vasallo dentro da programación da @mitcfcangas Un fermoso e combativo broche a unha xornada cultural moi enriquecedora.
Entradas físicas á venda en:
No propio Adro
Wells
O Carlete
Tamén podes reservar por Whatsapp
