Mércores 29 de xullo · 22:00 h
Músico, cantante e autor portugués, Luiz Caracol construíu unha identidade propia entre Lisboa e as músicas de Portugal, Brasil, Angola e Cabo Verde: catro territorios que el mesmo sitúa na raíz da súa música.
Ao longo da súa traxectoria compartiu música e escenario con artistas como Sara Tavares, Jorge Drexler, Jorge Palma, Tito Paris, Aline Frazão ou Uxía. Un percorrido brutal por diferentes músicas e culturas da lusofonía.
Cancións que mesturan linguas, ritmos e influencias dunha e outra beira do Atlántico. Música feita desde a mestura e a diversidade.
🎟️ Billeteira inversa
Lembra traer efectivo para colaborar co artista!
