Evento Lear Haven. data do evento 18 de Abril, ás 22:00horas. Entrada anticipada 15€, en taquilla 17€.

Lear Haven

Sábado 18 de abril · 22:00 h

Ant. 15€ / Taq. 17€

O sábado 18 de abril chega ao escenario Lear Haven, un trío de rock formado en 2021 que combina a forza do rock clásico coa enerxía e o son do presente. Cun estilo marcado polas influencias do blues e do rock, a banda destaca polas súas guitarras con carácter, voces poderosas e un directo intenso e cheo de personalidade.

Tras o lanzamento do seu álbum de debut e do directo The South End Sessions, Lear Haven foi consolidando o seu nome cun son propio e cunha proposta pensada para quen goza da música en vivo con autenticidade.

A actuación comezará ás 22:00 h. As entradas teñen un prezo de 15€ en venda anticipada e 17€ en billeteira.

Entradas á venda en:

Wells
O Carlete
O Ghato de Mar

Ou a través da web premendo no seguinte enlace.