Domingo 26 de abril · 13:00 h
Socias Canjazz 8€ / Billeteira. 12€
O próximo domingo 26 de Abril contaremos con estos dous musicazos, en sesión vermú, dentro da programación mensual do @canjazz_
Fainos unha ilusión tremenda comezar esta colaboración cunha asociación referencial e con tantísimos anos de traxectoria cultural.
2M é un dúo que practica a improvisación libre e poly-free, usando elementos acústicos, eléctricos e circunstanciais dos entornos onde actúan.
Dende principios deste milenio (anos 2002/2003) comezaron a encontrarse para desenrrolar unha linguaxe propia que pode pasar por diversas fases e estados da conciencia en función das múltiples posibilidades dos sons.
Ao longo destes anos colaboraron con proxectos de danza (Beatriz Fuentes), cinema (Alberte Pagán), ou con outrxs improvisadores como foi O.M.E.Ga. (Orquestra.Espontánea de Galicia), Fritanga (Trío de Free Jazz), entre outros.
Publicaron un disco gravado ao vivo, Biglosa.
E, participaron en diversos festivais.
L.A.R. Legido: batería, obxectos sonoros.
Pablo Sax: saxo alto e soprano + electrónica.
