Venres 10 de abril · Sábado 11 de abril
Entrada libre
AGORA SI! 10 DE ABRIL ABRIMOS AS PORTAS DO ADRO!
Foron dous anos dende que comezamos a desenvoler este proxecto e un ano de intensísimas obras desexando que chegara este momento.
Por fin, este venres convidamos as nosas veciñas e veciños a vir brindar con nós por este proxectiño que tanto nos ilusiona.
Durante esta finde pasarán polo Adro @sapoconchosemponcho @pataghulhos e @rapas_rapado para amenizar a inauguración.
Queremos agradecer ao Arquivo Biblioteca Canguesa Dixital por cedernos as imaxes de Foto-Vídeo Victor para este pequeno vídeo de presentación, a Chicho Moldes pola recollida realizada alá polo 1994 na nosa comarca e a Projecto Trépia pola música sempre libre de dereitos.
