Xoves 16 de abril · 20:00 h
Entrada libre
O xoves 16 de abril chega ao Adro unha cita moi especial: a primeira Foliada no Adro,
un encontro aberto para celebrar a música tradicional, o baile e o espírito colectivo arredor do torreiro.
Preparen os seus instrumentos e os seus mellores puntos, porque aquí hai festa. Abrimos un torreiro que agardamos
sexa o primeiro de moitos, nun serán pensado para compartir, tocar, cantar e gozar xuntas da tradición viva.
Para abrir a foliada contaremos co grupo convidado Ai Hox, que será o encargado de dar comezo
a unha noite chea de música, celebración e ambiente popular.
A foliada comezará ás 20:00 h e será de entrada libre. Un plan perfecto para achegarse,
participar e facer do Adro un punto de encontro para a música tradicional galega.
