Mércores 15 de xullo · 22:00 h
Ant. 13€ / Taq. 15€
Batería, percusionista e produtor arxentino, Martín Bruhn chega ao Adro acompañado de Joaquín Galván e Mono Banegas para presentar FOLKLORE, o seu novo traballo: 12 pezas que percorren a música tradicional suramericana, revisitando ritmos e cancións populares desde unha mirada propia e contemporánea.
Ao longo da súa traxectoria, Martín compartiu música e proxectos con artistas como Jorge Drexler, Lila Downs, Andrés Calamaro, Rozalén, Sílvia Pérez Cruz ou Depedro. Un percorrido que fala do nivel e da amplitude musical dun artista que leva anos transitando entre tradicións, ritmos e escenas.
Un concerto para achegarnos aos sons da outra beira do Atlántico da man de tres músicos cunha traxectoria brutal.
Entradas físicas á venda en:
No propio Adro
Wells
O Carlete
Tamén podes reservar por Whatsapp
