Venres 17 de xullo · 22:00 h
Ant. 10€ / Taq. 12€
Dúas das propostas máis singulares da música independente galega comparten noite no Adro.
Fantasmage volveu aos escenarios despois dunha década de silencio e fíxoo con novas cancións e a mesma enerxía. Guitarra, batería e voces nun dúo vigués que se move entre o garage, o punk, o rock e o pop.
Pantis é o proxecto persoal do músico e creador audiovisual do Grove Rubén Domínguez. Electrónica, kraut, pop e ruído nunha proposta mutante e difícil de meter nunha soa caixa. Un nome cunha longa traxectoria na escena galega, pasando por proxectos como Telephones Rouges, Cudevaso ou Chicharrón.
Dous directos, dúas maneiras de entender a música e unha noite para facer un pouco de ruído 🖤
Mirámonos no Adro! ⚡
Entradas físicas á venda en:
No propio Adro
Wells
O Carlete
Tamén podes reservar por Whatsapp
