DOMINGO 26 XULLO
Hai encontros que parecen inevitables. O de Uxía e Javier Ruibal é un deles 
Dúas das voces máis importantes da música de raíz da Península únense neste proxecto para tender pontes entre Galiza e Andalucía a través da poesía e da música. Acompañados polo guitarrista Marcos Teira, presentan Da túa casa á miña, un espectáculo que nace da amizade e da complicidade artística para poñer voz aos versos de Rosalía de Castro e Federico García Lorca.
Falamos de dous artistas cunha traxectoria extraordinaria. Uxía, referente imprescindible da música galega e unha das grandes renovadoras da nosa música de raíz. Javier Ruibal, Premio Nacional das Músicas Actuais e gañador dun Premio Goya á Mellor Canción Orixinal, creador dunha obra única que mestura flamenco, jazz, música mediterránea e ritmos de todo o mundo.
Domingo 26 de xullo
21:00 h
15 € ant. / 20 € taq.
No propio Adro
Wells
O Carlete
Tamén podes reservar por Whatsapp
