CLAUDIO H· Banda Cartaz O Adro

CLAUDIIO H. CANCIÓN MESTIZA

Martes 21 de xullo · 22:00 h

Nado en Bos Aires e cunha longa traxectoria musical a este lado do Atlántico, Claudio H chega ao Adro acompañado de Quim Farinha e Carlos Freire.

Claudio define o que fai como canción mestiza: unha música sen demasiadas fronteiras na que se cruzan ritmos africanos e de América do Sur, sons brasileiros, reggae, funk, swing e jazz. Cancións para bailar, pero tamén para escoitar.

Unha viaxe por ritmos, linguaxes e músicas de diferentes lugares do mundo.

 

🎟️ Billeteira inversa

Lembra traer efectivo para colaborar co artista!