HORARIO
Luns a Xoves. 18:00h a 0:00h
Venres a Sabado. 12:00h a 15:00h – 18:00H a 01:00h
Domingo. 12:00h a 15:00h – 18:00H a 00:00h
ubicación
SOMOS un pulmón cultural no
corazón de Cangas.
Unha casa con historia no corazón do Morrazo onde conviven a cultura taberneira, cervexeira e as artes escénicas.
O noso proxecto nace da necesidade de contar con un espazo para as artes escénicas en Cangas. Entendemos a xestión cultural baseada nun diálogo constante coa veciñanza e a súa contorna, de maneira comunitaria e como motor para a transformación social.
O propio nome defínenos, somos punto de encontro,
lugar de convivencia, torreiro da festa, fogar de fogares.
Cando a verba pasou entre nós ao eido das igrexas, chamouse “adro” o lugar que ven ser o “atrium” dese “fogar de fogares” que é a parroquia. (Xosé Filgueira Valverde)
Ao longo da nosa historia, o adro foi o espazo multiusos nas nosas vilas e aldeas. Lugar onde se facían os concellos, reunións veciñais e torreiro da festa para celebracións populares, relixiosas e pagás,








